Osteocalcina

Osteocalcina.

A osteocalcina, tamén chamada proteína ósea que contén ácido gamma-carboxiglutámico (BGLAP), é unha proteína non coláxena de 49 aminoácidos [1] con función hormonal, que se atopa no óso e na dentina. Prodúcena os osteoblastos e odontoblastos. Ten unha vida media moi curta e metabolízase no fígado e riles.

Incorpórase á matriz ósea e pode unirse ao hidroxiapatito do óso. Arredor do 20% da osteocalcina sintetizada non se incorpora ao óso, e pasa á circulación sanguínea. En mulleres normais e en mulleres con osteoporose, os niveis de osteocalcina correlacionan positivamente co cociente de formación ósea, medido por histomorfometría.

Obsérvanse incrementos de osteocalcina naquelas patoloxías onde hai un incremento da formación do óso ou, o que é o mesmo, un aumento na actividade osteoblástica. Nestes casos as concentracións de osteocalcina correlacionan ben con outros marcadores como a fosfatase alcalina e a histomorfometría ósea. Tamén aumenta na insuficiencia renal aguda, dado o seu metabolismo renal.

  1. Osteocalcin fragments

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search